10 de setembro de 2018

REMATE DE PUBLICACIÓN


No mes de Decembro de 2001 iniciouse a andaina deste blog que se converteu na xanela pola que asomarnos ao mundo. Durante todo este tempo permaneceu activo, recollendo entre as suas páxinas videos, fotos, xogos, actividades para repasar os contidos aprendidos, memorias de moitas situacións que vivimos xuntos e sobre todo moitos traballos e colaboracións das nenas e nenos que en cada momento compartían con esta profe os seus anos de terceiro e cuarto nivel.
Pero chegou o momento de pechar esta ventá. A partires deste momento non se realizarán máis publicacións. O blog permanecerá aberto para quen teña interese en deambular por entre as súas páxinas para gozar, lembrar,  entreterse ou utilizar algún recurso.

A compañía foi moi grata. Moitas grazas a todas e a todos polo voso interese, o voso esforzo e a vosa axuda. Sen todo esto nada sería posible.


21 de xuño de 2018

VISITA VIRTUAL AO PAZO DE LIRA

Na excursión do proxecto iámos visitar o Pazo de Lira. Alí  contariamoslle todo o que aprendimos do pazo ao resto do cole.Fíxosenos tarde e non puidemos facer a visita.Quedamos decepcionados porque traballamos moito preparando a explicación.
Gravamos as explicacións,puxémoslle fotos e fixemos esta visita virtual.
Esperamos que vos guste.

Cristina Fernández e Gael Cambra, 4º

O PAZO DE LIRA-VisitaVirtual from a xanela aberta on Vimeo.

18 de xuño de 2018

EMISORA ESCOLAR: O DÍA DO NAUFRAXIO

No progrma da emisora escolar, as nenas e nenos de cuarto homenaxearon á escritoria María Victoria Moreno, lendo o conto "O día do naufraxio" do seu libro "Mar Adiante"


ADMIRO A....

22 de maio de 2018

FOTOGRAFÍA: A ARTE QUE CAPTA INSTANTES

Fixemos fotografías para expoñer no corredor. Buscamos para fotografiar cousas fermosas e bonitas de ver. Unhas fixémolas na excursión e outras no patio.
  O seu motivo foi: Entrenar a arte da fotografía. Fixemos as fotografías nos sós cunha cámara de fotos que nos prestou o colexio. 
Parecéunos moi divertida.

(Todas as fotografías picando enriba da imaxe)
https://photos.app.goo.gl/KwesCkjHqADy4O8L2

Carlos Rama Garrido e Xabi Rodríguez Rodríguez, 4º de E. Primaria

20 de maio de 2018

FESTA DAS LETRAS 2018

Finalmente chegou o Día da Festa das Letras.
Con moita concentración e escoitando a música, demostramos que lle pegamos moi ben ao baile, aínda que se trate de ritmo de tango. E para proba, estas imaxes.