27 de febreiro de 2017

DISFRACES 2017: INSECTOS BENEFICIOSOS PARA A HORTA

Este ano o noso disfraz de entroido está relacionado co proxecto "Quen sementa, recolle". As nenas e e nenos de terceiro e cuarto imos de bolboretas, abellas e xoaniñas. Escolléronse estes insectos porque son beneficiosos para a horta pois axudan na polinización das plantas e manteñen o pulgó a raia.
Traballamos durante a semana na confección dos traxes, aplicando coñecementos de matemáticas, linguas e ciencias: medimos, usamos figuras xeométricas e a simetría, buscamos información na internet sobre os insectos, aprendimos os seus nomes científicos, a que grupo pertencen........

Traballamos moito, aprendimos moitas cousas, fixemos uns disfraces moi chulos e.......

¡¡¡PASÁMOLO MOI BEN!!!